Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, mediante procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, mediante criterio prezo, do servizo de vixilancia e seguridade no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) en Pontevedra.

c) Prazo de execución: dez (10) meses contados a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato.

d) Admisión de prórrogas: si; poderá ser prorrogado, por mutuo acordo das partes e antes da súa finalización, por un prazo doutros 10 meses.

e) CPA: 80.10.1 Servizos privados de seguridade.

f) CPV: 79710000-4 Servizos de seguridade.

79714000-2 Servizos de vixilancia.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

4. Valor estimado: 119.605,50 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 59.802,75 €; IVE (21 %): 12.558,58 €; importe total: 72.361,33 € e conforme a seguinte distribución por anualidades:

Ano 2014: 7.236,13 €, IVE incluído.

Ano 2015: 65.125,20 €, IVE incluído.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: consúltense os pregos de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte. Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 26 25 e 981 54 26 06, fax: 981 54 26 39.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na internet: (www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21116).

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural posterior ao publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo de presentación coincide en día inhábil ou sábado, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781, Santiago de Compostela); fax: 981 54 26 39. Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte. Estadio Multiusos San Lázaro, s/n, porta 4.

b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: publicarase na Plataforma de contratación pública de Galicia.

11. Outras informacións:

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará na plataforma de contratación o resultado da apertura, para que se emenden, se for o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

12. Gastos do anuncio:

Por conta do adxudicatario, así como, se é o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2014

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte