Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2014 pola que se anuncia a modificación por adición ao prego de cláusulas administrativas particulares correspondente á contratación documentalmente simplificada en cinco lotes, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación urxente, da realización de cinco rutas de transporte escolar ao CEIP Plurilingüe O Mosteirón e ao IES O Mosteirón (Sada) durante o curso 2014/15, e se amplía o prazo de presentación de ofertas.

Como consecuencia da modificación por adición do prego de cláusulas administrativas particulares correspondente á contratación documentalmente simplificada en cinco lotes, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación urxente, da realización de cinco rutas de transporte escolar ao CEIP Plurilingüe O Mosteirón e ao IES O Mosteirón (Sada) durante o curso 2014/15 (DOG núm. 180, do 22.9.2014)

1. Faise público o contido da modificación no perfil do contratante (enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21181).

2. Amplíase o prazo para a presentación de ofertas en oito días naturais desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2014

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria