Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42641

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal da Carrasca.

Con data do 22 de agosto de 2014, o Pleno do Concello de Maside acordou por unanimidade a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal na localidade da Carrasca, expediente que se atopa nas dependencias municipais. Este expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de novembro, de protección urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro. O ámbito obxecto desta modificación está situado na parroquia de Santa Comba de Trevoedo.

Maside, 10 de setembro de 2014

Celso Fernández López
Alcalde