Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42642

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de rectificación relativo ao programa educativo Vigo por dentro, coñece a túa cidade.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 176, do 12 de setembro de 2014, e no Diario Oficial de Galicia nº 173, do 11 de setembro, publicouse o anuncio da contratación de servizos para a xestión e transporte dos desprazamentos escolares do programa educativo Vigo por dentro, coñece a túa cidade (expediente 16213-332).

No punto 7 do anuncio publicado di: «Requisitos específicos do contratista: clasificación: non.

O contido dese punto debe dicir: «Requisitos específicos do contratista: clasificación: si, grupo R (servizos de transporte), subgrupo 1, Transporte en xeral, categoría B».

Polo tanto, amplíase o prazo para presentar as ofertas aos ditos concursos en 15 días naturais seguintes ao da publicación do último anuncio de rectificación no BOP e no DOG.

Vigo, 18 de setembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación