Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42643

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO polo que se fai pública a contratación de servizos relativa ao programa Ximnasia para persoas maiores.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Deportes. Nº de expediente: 13287-333.

2. Obxecto do contrato: descrición: formación deportiva e docencia, desenvolvemento de tarefas de coordinación e de desenvolvemento técnico das actividades físicas incluídas no programa de Ximnasia para persoas maiores.

Lugar de execución: nas instalacións deportivas municipais.

Prazo de execución: 1 ano.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 38.284,40 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 19 de setembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación