Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación do servizo de mantemento e condución do edificio e instalacións do Hospital do Salnés, mediante procedemento aberto, multicriterio, tramitación ordinaria e contratación documentalmente simplificada (expediente AB-EIP1-14-017).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avenida de Vigo, 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra. 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-14-017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento e condución do edificio e instalacións do Hospital do Salnés, centro dependente da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital do Salnés.

1) Domicilio: rúa Hospital do Salnés, nº 30.

2) Localidade e código postal: Pontevedra. 36616.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 45259000-7; 50000000-5.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 497.910,74 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 319.173,55 €. Importe total: 386.200,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 27 de outubro de 2014.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2. Domicilio: r/ Loureiro Crespo, 2.

3. Localidade e código postal: Pontevedra. 36001.

4. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C dando lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra. 36003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de setembro de 2014.

12. Outra información:

Pontevedra, 9 de setembro de 2014

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012)
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés
(P.A. segundo o artigo 9 do Decreto 168/2010, do 7 de outubro)
Vicente García Fernández
Director de Recursos Económicos de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés