Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42588

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (507/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 507/2014, por instancia de Jonathan José Davila Aguilar contra Tomás Pérez y Otros, Sociedad Civil, Tomás Pérez Martínez y Otro, S.L., Jamoteca Coruña e Marcelino García Rubio e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 22 de xullo de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Jonathan José Davila Aguilar contra Tomás Pérez y Otros, S.C., Tomás Pérez Martínez y Otro, S.L. (nome comercial Jamoteca Coruña) e Marcelino García Rubio, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Tomás Pérez Martínez y Otro, S.L. ao traballador.

– Absólvese a Marcelino García Rubio das pretensións exercidas contra el.

– Condénase a empresa Tomás Pérez Martínez y Otro, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.423,29 euros. O aboamento desta indemnización determina a extinción do contrato de traballo. En caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata esta resolución, ascenden a 4.916,82 euros, aos que se lles terán que engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 43,13 euros diarios. Destas cantidades deberá responder de maneira solidaria a empresa Tomás Pérez y Otros, S.C.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma á empresa Tomás Pérez y Otros, S.C., Tomás Pérez Martínez y Otro, S.L. (nome comercial Jamoteca Coruña) e Marcelino García Rubio, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de setembro de 2014

A secretaria xudicial