Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42586

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (10/2014).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial en substitución do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento deste xulgado do social, DSP 10/2014, seguido por instancia de Manuel Amenedo Amenedo contra Construcciones Vixoy, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución da sentenza, que di o seguinte:

«Decido:

Debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel Amenedo Amenedo fronte á empresa Construcciones Vixoy, S.L. e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 30.020,11 euros.

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 45,16 euros por día.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por tal cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Vixoy, S.L., expido este edicto para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 8 de setembro de 2014

A secretaria xudicial