Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42184

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2014 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións para a promoción, comercialización e exhibición do produto audiovisual galego e se convocan para o ano 2014.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores. A Axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, pola súa vez, aumentar a exportación. Os destinatarios da Axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.

Tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cine, na súa exposición de motivos «a actividade cinematográfica e audiovisual conforma un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa economía. Como manifestación artística e expresión creativa, é un elemento básico da entidade cultural dun país. A súa contribución ao avance tecnolóxico, ao desenvolvemento económico e á creación de emprego, xunto á súa achega ao mantemento da diversidade cultural, son elementos suficientes para que o Estado estableza as medidas necesarias para o seu fomento e promoción, e determine os sistemas máis convenientes para a conservación do patrimonio cinematográfico e a súa difusión dentro e fóra das nosas fronteiras. Todo iso considerando que a cultura audiovisual, da que sen dúbida o cinema constitúe unha parte fundamental, se atopa presente en todos os ámbitos da sociedade actual».

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere seguir impulsando un marco de actuación cultural baseado en tres premisas substanciais:

1. O impulso do sector audiovisual galego, considerado como estratéxico para a comunidade.

2. A consolidación de industrias audiovisuais competitivas, con posibilidades de exportar e dar rendibilidade social e económica á cultura galega.

3. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos, coa posta en valor da cultura galega a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais galegos.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere cumplir co establecido no artigo 5 da Lei 4/2008, «En consonancia cos seus obxectivos e fins, a Agadic exercerá as seguintes funcións:

c) Promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais.

h) Impulsar a cooperación e o asociacionismo entre os traballadores e traballadoras e as empresas dos distintos sectores culturais, así como as medidas do sector profesional galego para aumentar a súa presenza e competitividade nos mercados culturais, en especial no apoio ás exportacións de bens e servicios culturais galegos».

Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos, apróbanse as bases e a convocatoria pública de subvencións á produción, comercialización e exhibición do produto audiovisual galego para o exercicio 2014 de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto, finalidade e principios de xestión

1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír ao fomento da promoción, comercialización e exhibición da actividade audiovisual galega, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2014.

2. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e dos seus organismos dependentes.

Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo das actividades subvencionadas, salvo para a modalidade B, que se aplicarán os límites establecidos na cláusula terceira.

3. No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2014.

d) Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas da Administración pública galega.

e) Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

4. E supletoriamente:

f) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico, que son de aplicación á normativa desta Comunidade Autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.

g) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

h) Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

6. As subvencións serán concedidas, de acordo cos principios sinalados no parágrafo anterior, mediante o procedemento de concorrencia competitiva.

7. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

Segunda. Beneficiarios e requisitos

1. Poderán optar a estas axudas todas as persoas físicas ou xurídicas, dedicadas á actividade de produción no eido audiovisual galego, que leven a cabo algunha das actividades descritas como subvencionables na cláusula seguinte.

2. En calquera caso, a consideración dos proxectos como incentivables estará supeditada ás necesidades de apoio que se desprendan do seu carácter cultural, ás condicións económico-financeiras do proxecto e ás do seu impacto na actividade cultural da comunidade autónoma.

3. Só poderán participar nesta convocatoria aquelas persoas que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual.

Terceira. Modalidades, contías e límites

1. As modalidades a subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:

– Modalidade A. Axudas para a participación de producións galegas en festivais de cine de carácter nacional e internacional de recoñecido prestixio, celebrados durante o ano 2014.

Requisitos:

– O festival debe terse celebrado entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 30 de novembro de 2014.

– Debe ser un dos festivais relacionados na cláusula terceira, e nalgunha das seccións que se especifican.

– Modalidade B. Axudas para a comercialización e distribución de películas de produción galega. Só poderán presentarse a esta modalidade aquelas películas rematadas que conten con certificación do ICAA emitida a partir do 1 de xaneiro de 2014, e ata a data de finalización da presentación de solicitudes, e que se correspondan con longametraxes de ficción, documental e animación.

Para poder optar á subvención correspondente á modalidade B será requisito obrigatorio acreditar unha distribución mínima de 5 copias da película en Galicia e 10 copias no conxunto do Estado.

2. Sen prexuízo da posible presentación de máis dunha solicitude distinta por un mesmo solicitante, na modalidade B só poderá ser obxecto de subvención unha produción por solicitante. Unha mesma produción pode optar ás dúas modalidades se cumpre os requisitos exixidos para cada unha. Non poderá presentarse o mesmo proxecto por empresas distintas.

3. Contías e límites.

a) As contías que se adxudicarán segundo as distintas modalidades son as seguintes:

– Para a modalidade A:

Categoría A

Internationale Filmfestpiele Berlin (Berlinale)

Alemaña

Competitive Feature Film Festivals

Febreiro

Sección oficial a competición (e fóra de competición)

2.500

Panorama

2.000

Forum

2.000

Berlinale Specials

2.000

Berlinale Shorts

1.250

Generation

1.250

Categoría A

Festival de Cannes

Francia

Competitive Feature Film Festivals

Maio

Compétition

2.500

Hors Competition

2.500

Un Certain Regard

2.000

Séances Spéciales

1.500

Courts métrages

1.250

Semaine Internationale de la Critique

2.000

Quinzaine des Réalisateurs

2.000

Shanghai International Film Festival

China

Competitive Feature Film Festivals

Xuño

Competition

2.000

Moscow International Film Festival

Rusia

Competitive Feature Film Festivals

Xuño

Competition Documentary

2.000

Competition

2.000

Karlovy Vary International Film Festival

República Checa

Competitive Feature Film Festivals

Xuño-xullo

Official Selection-Competition of Feature Films

2.000

Documentary Films in Competition

1.500

Forum of Independents Competition

1.500

Otras secciones

1.500

Festival del Film Locarno

Suíza

Competitive Feature Film Festivals

Agosto

Piazza Grande

2.000

Concorso Internazionale

1.500

Concorso Cineasti del presente

1.500

Pardi di domani (cortos)

1.250

Fuori Concorso

1.000

Semaine de la Critique

1.000

Festival des Films du Monde

Canadá

Competitive Feature Film Festivals

Agosto-setembro

World Competition

2.000

First Films World Competition

1.500

Documentaries of the World

1.500

Categoría A

La Biennale di Venezia/Mostra Internationale d’Arte Cinematografica

Italia

Competitive Feature Film Festivals

Agosto-setembro

Selezione Ufficiale a Concorso

2.500

Fuori Concorso

2.000

Settimana Internazionale della Critica

1.250

Giornate degli Autori

1.250

Orizzonti (lungometraggi)

1.250

Orizzonti (cortometraggi)

1.000

Festival Internacional de Cine de San Sebastián

España

Competitive Feature Film Festivals

Setembro

Sección oficial a concurso

2.500

Sección oficial fóra de concurso

2.000

Nuev@s Director@s

2.000

Zabaltegi

2.000

Made in Spain

1.250

Tokyo International Film Festival

Japón

Competitive Feature Film Festivals

Outubro

Competition

2.500

Festival Internacional de Cine de Mar del Plata

Arxentina

Competitive Feature Film Festivals

Novembro

Competencias

2.500

Outras seccións

1.500

Categoría B

Busan International Film Festival

Corea del Sur

Competitive Specialised Feature Film Festivals

World Cinema

2.000

Toronto International Film Festival (TIFF)

Canadá

Non-competitive Feature Film Festivals

Setembro

Gala Presentations

2.000

Calquera outra sección

2.000

Viennale-Vienna International Film Festival

Austria

Non-competitive Feature Film Festivals

Outubro

Calquera sección

2.000

Cinema Jove. Festival Internacional de Cine de Valencia

España

Competitive Specialised Feature Film Festivals

Xuño

Sección oficial a concurso

1.500

Sitges-Festival Internacional de Cinema Fantastic de Catalunya

España

Competitive Specialised Feature Film Festivals

Outubro

Sección oficial a concurso

1.500

Categoría B

Festival Internacional de Cine de Gijón

España

Competitive Specialised Feature Film Festivals

Novembro

Sección oficial a concurso

1.500

International Short Film Festival Oberhausen

Alemaña

Documentary and Short-Film Festivals

Maio

Sección oficial a concurso

1.500

Zinebi - Festival Internacional de Cine Documental y Cortometraje de Bilbao

España

Documentary and Short-Film Festivals

Novembro

Sección oficial a concurso

1.500

Categoría C

International Film Festival Rotterdam

Países Baixos

Xaneiro

Hivos Tiger Awards Competition (Long Features Films)

2.000

Tiger Awards Comptetition for Short Films

1.500

Spectrum

1.000

Signals

1.000

International Documentary Film Festival Amsterdam (IDFA)

Países Baixos

Feature-Length Documentary

2.000

Mid-Length Documentary

1.500

First Appearance

1.500

London Film Festival

Reino Unido

Official Competition

2.000

Documentary Competition

1.500

First Feature Competition

1.500

Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI)

Argentina

 

Abril

Competencia Internacional

2.000

Competencia vanguardia e xénero

1.500

Outras seccións

1.000

Sundance Film Festival

Estados Unidos

 

Xaneiro

World Cinema Documentary Competition

2.000

World Cinema Dramatic Competition

2.000

Shorts

1.250

Documentary Premieres

2.000

Premieres

2.000

Categoría C

Tribeca Film Festival

Estados Unidos

 

 

World Narrative Competition

2.000

World Documentary Competition

2.000

Short Film Competition

1.250

New York Film Festival

Estados Unidos

 

Setembro-outubro

Main Slate

2.000

Projections

1.500

Festival international du film d’animation d’Annecy

Francia

 

 

Sélection officielle

2.000

Festival International du Court Métrage à Clermont-Ferrand

Francia

 

 

Compétition Internationale

1.500

Festival Internazionale del Film di Roma

Italia

 

Outubro

Cinema d’ Oggi

2.000

Gala

2.000

Mondo Genere

2.000

Ficunam Festival Internacional de Cine UNAM

México

 

Febreiro-marzo

Sección oficial a concurso

1.500

Festival Internacional de Cine de Guadalajara

México

 

Marzo

Sección oficial a concurso

1.500

Festival de Málaga Cine Español

España

 

Marzo

Sección oficial a concurso

1.500

Festival Cinéma Espagnol Nantes

Francia

 

Abril

Sección oficial a concurso

1.500

FID Festival International de Cinéma Marseille

Francia

 

Xullo

Sección oficial a concurso

1.500

CinEspaña Festival du Film Espagnol de Toulouse

Francia

 

Setembro-outubro

Sección oficial a concurso

1.500

Sevilla Festival de Cine Europeo

España

 

Novembro

Sección oficial a concurso

1.500

Novas ondas

1.000

Resistencias

1.000

Seminci-Semana Internacional de Cine de Valladolid

España

 

Outubro

Sección oficial a concurso

1.500

Festival Iberoamericano de Huelva

España

 

Outubro

Sección oficial a concurso

1.500

Para a modalidade B:

a) Cando a produtora galega teña unha participación igual ou superior ao 50 % da produción poderá acadar unha axuda do 50 % do orzamento subvencionable cun límite máximo de 20.000 €.

b) Cando a produtora galega teña unha participación igual ou superior ao 40 % da produción poderá acadar unha axuda do 40 % do orzamento subvencionable cun límite máximo de 18.000 €.

c) Cando a produtora galega teña unha participación igual ou superior ao 30 % da produción poderá acadar unha axuda do 30 % do orzamento subvencionable cun límite máximo de 14.000 €.

d) Cando a produtora galega teña unha participación igual ou superior ao 20 % da produción poderá acadar unha axuda do 20 % do orzamento subvencionable cun límite máximo de 10.000 €.

4. De non esgotarse o crédito asignado a determinada modalidade, este poderá asignarse a outra que por número e calidade de proxectos presentados así o requira. Unha vez entregado o informe preceptivo por parte da comisión de valoración, a Dirección da Agadic elaborará a proposta de resolución e indicará o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas.

Cuarta. Procedemento, orzamento e imputación de créditos

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Estas subvencións terán carácter anual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro do ano 2014 e a data máxima de xustificación establecida nesta convocatoria.

3. O importe global máximo para o financiamento da presente convocatoria será de 120.000 euros, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 2014.09.A1.432B.470.0.

4. Do orzamento total, 105.000 euros destínanse para a modalidade B, e 15.000 para a modalidade A, sen prexuízo de resignar as cantidades entre as distintas modalidades se non hai suficientes proxectos susceptibles de subvención en cada unha delas. As contías adxudicaranse seguindo a orde de puntuación obtida, ata o esgotamento do crédito.

5. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver. A alteración da distribución establecida nesta convocatoria non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Quinta. Inicio do procedemento: presentación de solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Estas bases, así como as solicitudes e os anexos que se xuntan, así como a guía de procedementos e servizos, estarán dispoñibles no seguinte enderezo web https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos nas dependencias desta axencia e na súa páxina web, e tamén quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Agadic e debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

3. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común.

Sexta. Prazo

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o interesado será requirido para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, indicándose ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei, segundo o previsto no artigo 71.

Séptima. Documentación requirida aos solicitantes

1. Ademais da solicitude (anexo I), os interesados nestas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación, mediante orixinal ou fotocopia compulsada ou debidamente autenticada:

a) Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda no exercicio actual.

b) Se o solicitante é unha persoa física, DNI ou NIE do solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

c) Se o solicitante é unha persoa xurídica:

– Copia compulsada ou cotexada do NIF ou documento equivalente.

– Copia compulsada ou cotexada dos estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.

– Documentación que acredite de forma suficiente a representación de quen asina a solicitude.

– DNI ou NIE do representante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

– Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.

2. Ademais, as solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación técnica:

a) Para a modalidade A:

– Copia da comunicación de selección no festival ou festivais emitida pola organización na que conste a sección ou categoría.

– Orzamento de gastos da presenza da produción no festival (anexo II).

– Copia en DVD da produción obxecto da solicitude.

b) Para a modalidade B:

– Plan de comercialización e distribución viable da película para a que se solicita a axuda (descrición da campaña de publicidade, ámbito territorial, ámbito temporal, número de copias para o lanzamento, previsión de espectadores, descrición do público obxectivo, previsión de ingresos por recadacións e mercadotecnia, etc.).

– Orzamento de comercialización segundo o anexo III.

– Copia completa con anexos do contrato de distribución entre a empresa distribuidora e a produtora, asinado polo representante legal da produtora galega, no que conste o número de copias que se van distribuír en Galicia e en España, se é o caso.

– No caso de que non exista contrato ou o número de copias que se vai distribuír non conste no contrato, deberá presentarse declaración do representante da empresa en que se especifique o número de copias que se van distribuír en Galicia e en España.

– Declaración que especifique a relación de localidades galegas en que se exhibe a película e a relación de localidades no resto do Estado, en salas comerciais.

– No caso de que a longametraxe sexa unha coprodución, presentarase certificado de coprodución emitida polo Ministerio de Cultura.

– Certificado de nacionalidade emitida polo Ministerio de Cultura.

– Certificación da cualificación por grupos de idades emitida polo Ministerio de Cultura.

– Copia en DVD da película obxecto da solicitude.

A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Oitava. Autorizacións e consentimentos

1. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

2. A tramitación do procedemento require a verificación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

3. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galicia, a Agadic publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

Novena. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación sexa autorizado polas persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Subvencións» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Galega das Industrias Culturais. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Agadic, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15707, Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a agadic@xunta.es

Décima. Procedemento de concesión das subvencións: instrución e competencia para a avaliación das solicitudes

1. A dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude do cal se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1.1. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

1.2. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resultase de obrigado cumprimento.

1.3. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria aos interesados, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou aos profesionais ou expertos consultados. En todo caso, a dirección da Agadic poderá requirir aos solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do estado ou da comunidade autónoma, a dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que derivasen destas bases. Para estes efectos, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.

Décimo primeira. Comisión de valoración

1. Para a avaliación dos proxectos presentados constituirase unha comisión de valoración, que será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios fixados nas presentes bases.

2. A comisión de valoración estará formada polo director da Agadic, que a presidirá, e dous vogais pertencentes ao cadro de persoal da Agadic, nomeados pola Dirección da Agadic.

Actuará como secretario ou secretaria unha persoa designada pola Dirección da Agadic, pertencente ao cadro de persoal da Agadic con voz e sen voto. Os membros da comisión declararán por escrito que non terán relación cos solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes, nin cos proxectos que participan na correspondente convocatoria anual.

Décimo segunda. Criterios de valoración

1. Os criterios de valoración para as solicitudes presentadas á modalidade A son os seguintes:

A) Selección en festival:

Máximo 10 puntos

1)  Selección en festival de categoría A en sección oficial a concurso

10 puntos

2) Selección en festival de categoría A noutras seccións

8 puntos

3) Selección en festival de categoría B en sección oficial

8 puntos

4) Selección en festival de categoría B noutras seccións

5 puntos

5) Selección en festival de categoría C, en sección oficial

5 puntos

6) Selección en festival de categoría C, noutras seccións

3 puntos

B) Presentación do festival:

Máximo 10 puntos

1) Película en versión orixinal en lingua galega

3 puntos

2) Presenza do director na presentación da película

4 puntos

3) Presenza do equipo técnico-artístico na presentación da película (1 punto por cada membro)

Máximo 3 puntos

2. Os criterios de valoración para as solicitudes presentadas á modalidade B son os seguintes:

A) Distribución e repercusión da obra audiovisual:

Máximo 40 puntos

1) Contrato con empresa distribuidora

3 puntos

2) Adecuación do plan de distribución á obra audiovisual

3 puntos

3) Estrea simultánea (mesma data) en máis de 4 localidades

5 puntos

3) Número de localidades de Galicia nas cales se realizou ou se ten comprometido realizar exhibición en salas comerciais

1 punto por localidade

Máximo 10 puntos

4) Número de localidades españolas, de fóra de Galicia, nas cales se realizou ou se ten comprometido realizar exhibición en salas comerciais

1 punto por localidade

Máximo 10 puntos

6) Esforzo promoción e publicidade. Gasto oficialmente recoñecido no informe de auditoría, realizado pola empresa produtora en promoción e publicidade en relación ao custo de realización da obra audiovisual

Máis do 15 %: 2 puntos

Máis do 25 %: 4 puntos

Máis do 35 %: 6 puntos

B) Contribución cultural:

Máximo 10 puntos

Porcentaxe de copias distribuídas en versión orixinal galega

Máis do 10 %: 2 puntos

Máis do 20 %: 4 puntos

Máis do 30 %: 6 puntos

Máis do 40 %: 8 puntos

Máis do 50 %: 10 puntos

Décimo terceira. Resolución da convocatoria

1. Unha vez cumprido o disposto nas cláusulas anteriores, o órgano instrutor, á vista do expediente, da documentación requirida e do informe da comisión avaliadora, ditará a proposta de resolución, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á Presidencia da Agadic.

2. A presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do consello reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo do 2012 (Diario Oficial de Galicia 164)) deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución. A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública, será motivada e fará mención expresa dos beneficiarios, da contía da axuda e dunha desestimación xeneralizada do resto dos proxectos solicitantes.

3. A súa notificación ás persoas adxudicatarias da subvención tramitarase no prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da súa adopción. Transcorrido o prazo máximo previsto para resolver o procedemento sen que se ditase ou publicase resolución expresa, poderase entender que esta é desestimatoria por silencio administrativo da solicitude de concesión da subvención. Deberá comunicarse por escrito ao beneficiario o importe da axuda (en equivalente bruto de subvención) e o seu carácter de «axuda de minimis» exenta en aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

4. A resolución da convocatoria porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a presidencia do consello reitor da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

5. Unha vez notificada a resolución, os beneficiarios comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

Décimo cuarta. Pagamento e xustificación

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acreditase que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos á conta.

2. A Agadic –consonte as previsións estipuladas no artigo 31.6 da Lei de subvencións de Galicia, e 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia– poderá aboar como pagamento anticipado, que suporá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de acordo coas seguintes condicións:

– Cando o importe da subvención non supere os 18.000 euros, ata un 80 % da subvención concedida, e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

– Cando o importe da subvención concedida supere os 18.000 euros, ademais, un 10 % adicional sobre o importe que exceda dos 18.000 euros, e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

O importe restante aboarase tras a acreditación polo beneficiario do cumprimento total das obrigas establecidas nestas bases.

3. Os beneficiarios que reciban pagamentos anticipados, cando estes excedan a cantidade de 18.000 euros, deberán constituír unha garantía, mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá cubrir o 110 % do importe do pagamento á conta, e deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación. Quedan exonerados da constitución de garantía os beneficiarios e nos casos establecidos no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O prazo de xustificación da subvención rematará o 15 de decembro de 2014. Transcorrido este prazo sen que se presente a xustificación ante á Agadic, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

5. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención outorgada en canto o beneficiario non figure ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha outra débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega, estando autorizada a Agadic para proceder á comprobación e conseguinte verificación destes datos.

6. Sen prexuízo das obrigas dispostas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o que foron concedidos. As actuacións subvencionadas deberán axustarse fielmente ao proxecto presentado. Calquera alteración relevante do proxecto deberá ser autorizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais, e non poderá afectar aspectos avaliados pola Comisión.

7. A documentación xustificativa da subvención incluirá o custo total da actividade subvencionada e constará dos seguintes documentos:

a) Memoria de actuación que xustifique o cumprimento das condicións exixidas nestas bases reguladoras, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos. Na modalidade B especificarase a relación de salas e as datas en que se proxectou a película e os datos oficiais de recadación. Para os efectos de xustificación atenderase aos datos dispoñibles das películas cualificadas no Ministerio de Cultura, e tamén poderán presentarse certificacións dos distribuidores no referente á recadación e dossieres de prensa, no tocante ao número de salas en países onde non estea informatizada e oficializada a recadación.

b) Memoria económica abreviada co contido seguinte: estado representativo dos gastos incorridos nas actividades subvencionadas, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento. Deberá indicarse expresamente a que conceptos subvencionables corresponden as facturas presentadas, así como as posibles desviacións producidas con respecto ao orzamento presentado. A memoria deberá incluír un orzamento con IVE e outro sen IVE.

c) Facturas ou documentos, de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido, orixinais ou compulsados, de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e documentos xustificativos do seu pagamento polo beneficiario, orixinais ou compulsados, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

d) Contrato de distribución asinado, no caso de non telo presentado coa documentación inicial, ou se sufrise modificacións, para a modalidade B.

e) Copia en formato electrónico dos contidos das actuacións realizadas (insercións, folletos, catálogos, fotografías, proxectos, acordos e demais documentación).

8. Será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a entrega dunha declaración comprensiva de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das administracións públicas competentes ou doutros entes públicos e privados, así como das axudas concedidas en réxime de minimis ou, de ser o caso, declaración de que non solicitou ou percibiu outros ingresos ou subvencións (anexo IV).

Décimo quinta. Obrigas dos beneficiarios

O beneficiario deberá cumprir as seguintes obrigas:

a) Comunicarlle ao órgano concedinte a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día foron tidas en conta para a súa concesión, e dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

b) Levar a cabo a actividade subvencionada de acordo co proxecto presentado.

c) Proporcionar en todo momento a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

d) Facer constar os logotipos da Agadic e da Xunta de Galicia, segundo a súa normativa básica de identidade corporativa, en todos os elementos de difusión relacionados coa actividade subvencionada, excepto no suposto de que a actividade se iniciase antes da presentación da solicitude.

e) Outras obrigas previstas na normativa de subvencións.

f) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se fixese antes da solicitude da subvención.

Décimo sexta. Gastos subvencionables

1. Modalidade A: gastos inherentes á participación de películas galegas nalgún dos eventos establecidos na cláusula terceira, que consistan en:

a) Gastos en campañas de publicidade e promoción da participación no festival.

b) Gastos de material promocional (folletos, carteis, carpetas de prensa…) realizado en exclusiva para o evento.

c) Gastos de contratación de empresas de relacións públicas ou axentes de prensa para realizar exclusivamente o labor durante o evento.

d) Gastos de transporte para o envío e retorno do material promocional.

e) Gastos de desprazamento e estancia do equipo técnico-artístico, debidamente xustificado con facturas dos provedores dos servizos. (Establecementos, empresas de transportes ou axencia de viaxes).

f) Gastos de tiraxe e/ou subtitulado das copias exixidas para participar en cada evento conforme o seu regulamento.

2. Modalidade B: gastos inherentes á comercialización e exhibición da obra audiovisual.

a) Contratación de pases de mercado en eventos internacionais.

b) Gastos de promoción e publicidade.

c) Elaboración do anuncio da película (1,5 minutos) e tráiler promocional (2-3 minutos). Deseño e elaboración da páxina web da película.

d) Deseño e elaboración do material gráfico promocional (póster, flyers, kit de prensa...).

e) Tiraxe de copias.

f) Dobraxe e subtitulado.

g) Gastos inherentes á celebración do acto de preestrea (cun límite do 10 % do gasto subvencionable, e un máximo de 4.000 euros).

h) Aluguer de sala (VPF-Virtual Print Fee).

i) De ser o caso, gastos facturados pola empresa distribuidora, sempre especificando o concepto e cun límite do 25 % do gasto subvencionable, e un máximo de 10.000 euros.

j) Gastos varios (ata un 7 % do importe da subvención).

3. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á realización do proxecto. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2014 e a fin da data de xustificación establecida na presente convocatoria.

4. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais.

Décimo sétima. Modificación, revogación e reintegro

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso, a obtención concorrente doutras subvencións, axudas ou recursos –ou doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras–, poderá dar lugar á modificación da resolución inicial de concesión e, eventualmente, á súa revogación nos termos establecidos na súa normativa reguladora, e poderá en tal caso a Agadic proceder á reclamación e conseguinte reintegro, total ou parcial, da suma concedida á compañía adxudicataria nos termos anteriormente estipulados.

Procederá a nulidade e revogación das subvencións concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos de incumprimento das obrigas anteriormente sinaladas, nos casos e termos establecidos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en particular, polo incumprimento de calquera dos requisitos e obrigas estipulados nesta convocatoria pública.

O reintegro do importe percibido, cando proceda, rexerase polo procedemento establecido no artigo 38 e no título VI da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de compostela, 18 de setembro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega
das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file