Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42014

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño), establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2014 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2014

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2014

Convenio

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Asociación das Traídas de Augas para o desenvolvemento da aplicación web CoxapoGest.

5.000 €

2.5.2014

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do Curso de planificación hidrolóxica e Directiva marco europea da auga.

9.000 €

28.5.2014

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Rodeiro para a execución das obras de acondicionamento hidráulico do río Rodeiro, 2ª fase. Rodeiro (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

299.931,78 €

2.6.2014

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o ente público Portos de Galicia e o Concello de Ribeira en relación coas actuacións no dominio público portuario e nos terreos de titularidade municipal, para a execución e mantemento da obra de colectores xerais e EDAR de Ribeira (A Coruña).

Sen custo económico

6.6.2014

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Augas de Galicia e o Concello de Marín para a execución e o financiamento de infraestruturas hidráulicas no concello de Marín.

5.655.590 €

9.6.2014

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento, conservación do sistema de saneamento e depuración do concello de Ferrol.

Sen custo económico

9.6.2014

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Nigrán para a execución das obras de ampliación das redes de saneamento e abastecemento en diversas zonas do concello de Nigrán, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1.000.000 €

9.6.2014

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Augas de Galicia e o Concello de Pontevedra, para a execución de obras de mellora do saneamento e obras de infraestruturas hidráulicas en parroquias do concello de Pontevedra, fase 2ª.

10.000.000 €

30.6.2014

Terceira addenda ao convenio de colaboración subscrito pola Xunta de Galicia, Augas de Galicia e o Concello de Vigo con Aguas de las Cuencas del Norte, S.A. (na actualidade Aguas de las Cuencas de España, S.A.), como usuarios da actuación hidráulica de saneamento de Vigo.

229.996.000 €

17.6.2014

Convenio entre o Instituto de Estudos do Territorio, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos).

50.000 €

16.7.2014

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas), a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a entidade colaboradora de pesca fluvial Salmo Club de Pesca Deportiva da Coruña, para a dotación de medios de vixilancia dos ecosistemas fluviais, no tramo do couto de pesca denominado Xallas, no río Xallas.

71.000 €

22.7.2014

Convenio de colaboración subscrito entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela e a sociedade estatal Aguas de las Cuencas de España, S.A. para a execución e explotación das obras de mellora da EDAR de Silvouta.

4.700.000 €

7.8.2014

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Sociedade Estatal Aguas de las Cuencas de España, S.A. para a execución das obras da actuación da EDAR de Ribeira.

25.000.000 €

7.8.2014