Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42016

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2014.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no segundo cuadrimestre do ano 2014, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello
da Cultura Galega

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a cesión de materiais documentais e bibliográficos valleinclanianos para a exposición internacional Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1900-1936).

Sen dotación económica

7.7.2014

Acordo de colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración para a realización de actividades relacionadas coa emigración galega.

10.000 €

23.7.2014