Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42017

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2014 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre do ano 2014.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre do ano 2014 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data
da sinatura

Achega
de Portos
de Galicia

Portos de Galicia, Augas de Galicia e o Concello de Ribeira

Actuacións no dominio público portuario e nos terreos de titularidade municipal para a execución e o mantemento da obra de colectores xerais e EDAR de Ribeira

6.6.2014

Non ten

Portos de Galicia e Palmira Scuba, S.L.

Regulación das condicións polas que se rexerá a colaboración en operacións de inspección, supervisión e limpeza de dársenas nos portos autonómicos a cargo do Centro de Buceo Palmira Scuba

9.6.2014

5.747,50 €

Portos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Regulación das condicións no ámbito da información ambiental e oceanometereolóxica

11.6.2014

Non ten