Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, por procedemento aberto, para a contratación de obras no estadio de Balaídos.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Fomento. c) Obtención de documentación e información: www.vigo.org (Perfil do contratante); teléfono 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 2540-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: Obras. b) Descrición: as obras previstas no proxecto de reforma de cuberta do Río e consolidación estrutural no estadio de Balaídos, fase 1 (expediente 2.670-443), que consisten no reforzo estrutural dos contrafortes exteriores da bancada de Río, na substitución da súa cuberta e diversas actuacións de acondicionamento xeral do estadio. c) CPV: 45212290-5. d) División por lotes e número de lotes: non; e) Lugar de execución: estadio de Balaídos, Vigo. f) Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 8 da folla de especificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: importe total 1.680.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría c; grupo C, subgrupo 3, categoría d; grupo C, subgrupo 9, categoría d. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) da folla de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o vixésimo sexto día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo; c) Admisión de melloras: si, a descrita no punto 8.B.3 das FEC. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 16 de setembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación