Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42122

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación da subministración de combustible para a frota municipal.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia: Parque Móbil. c) Nº de expediente: 10403-445.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: adquisición do combustible (gasóleo A, gasóleo C e gasolina 95) para a flota de vehículos municipais, así como para a maquinaria. b) CPV: 09132000-3 (gasolinas) e 09134000-7 (gasóleos). c) División por lotes: non. d) Lugar de entrega: parque móbil municipal ou as estacións de servizo delimitadas polo adxudicatario. e) Prazo de execución: dous anos e dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 9 da folla de especificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: 877.560 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 4) da cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o día 10 de outubro de 2014. b) Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n 36202 Vigo. b) Data e hora: 14 de outubro de 2014, ás 9.00 horas.

10. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 2.000 euros.

Vigo, 16 de setembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación