Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42124

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, por procedemento aberto, de obras no cemiterio de Teis.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Cemiterios. c) Obtención de documentación e información: www.vigo.org (Perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 10267-255.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: a realización do proxecto básico e de execución de consolidación de cimentación de nichos no cemiterio de Teis. c) CPV: 45262210-6. d) División por lotes e número de lotes: non. e) Lugar de execución: cemiterio de Teis, Vigo. f) Prazo de execución: 30 días.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 8 da folla de especificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: importe total 116.408,72 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) da folla de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o décimo terceiro día seguintes ao de publicación deste anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 17 de setembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación