Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42118

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación da subministración de vestiario para o persoal municipal.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia: Área de Fomento. c) Nº de expediente: 71366-250.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: adquisición de vestiario e equipamentos de protección, destinados ao seu uso polo persoal municipal. b) CPV: 18100000-0. c) División por lotes: sí, 8. Lote 1: calzado seguridade e uniformidade; lote 2: roupa de traballo e de protección; lote 3: camisaría e prendas de uniformidade; lote 4: roupas especiais de servizos exteriores; lote 5: roupas vermellas; lote 6: roupas de abrigo da Policía Local; lote 7: roupas de vestir da Policía Local; lote 8: roupas de bombeiros. d) Lugar de entrega: os indicados no punto 12 da folla de especificacións do contrato. e) Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no apartado 9 das FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: 357.920 euros (IVE incluído). Dotación por lotes: lote 1: 41.954 €; lote 2: 37.419 €; lote 3: 31.537 €; lote 4: 32.360 €; lote 5: 11.280 €; lote 6: 103.360 €; lote 7: 58.520 €; lote 8: 41.490 €.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 4) da cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o día 10 de outubro de 2014. b) Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da FEC. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n 36202 Vigo. b) Data e hora: 14 de outubro de 2014, ás 9.00 horas.

10. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 2.000 euros.

Vigo, 15 de setembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación