Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da ampliación da concesión de explotación Rañadoiro, número PO/C/2651.1 e solicitude de concesión de explotación Coto da Rexa, número PO/C/02714 no concello de Pontevedra, provincia de Pontevedra promovido por Rocas Maresgra, S.L., con CIF B-36587699.

O artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación do impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) dispón que os estudos de impacto ambiental se someterán ao trámite de información pública, durante un mínimo de trinta días, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Do mesmo xeito, o artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia, establece que, unha vez completada a documentación, se abrirá un período de información pública que non será inferior a trinta días.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da ampliación da concesión de explotación Rañadoiro nº PO/C/2651.1 e solicitude de concesión de explotación Coto da Rexa nº PO/C/02714 no concello de Pontevedra, provincia de Pontevedra promovido por Rocas Maresgra, S.L., con CIF B-36587699.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que a soliciten a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra e no portal da Consellería de Economía e Industria, e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 22 de agosto de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra