Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.-Elemol.
Domicilio social: avenida de Pontevedra, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.
Denominación: ampliación de potencia CT Santana I.
Situación: Ponte Caldelas.
Características técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación Santana I, situado no lugar de Santana, Ponte Caldelas, a 160 kVA con RT 20 kV/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 12 de agosto de 2014
P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial