Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 23 de setembro de 2014 Páx. 41988

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gomesende

ANUNCIO sobre delimitación do núcleo rural de Fustáns.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, exponse ao público o expediente iniciado neste concello por instancia de Gerardo Otero Álvarez, de delimitación do núcleo rural de Fustáns (parroquia de San Lourenzo de Fustáns), polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión no municipio, para efectos de posibles alegacións ou reclamacións.

Gomesende, 3 de setembro de 2014

Pura Rodríguez Álvarez
Alcaldesa