Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 23 de setembro de 2014 Páx. 41989

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO sobre a aprobación inicial do proxecto de expropiación de terreos para zona verde de sistema xeral ZV-5. Parque forestal de Liáns.

Por Resolución desta alcaldía 3270, do 21 de agosto de 2014, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación de terreos para zona verde de sistema xeral ZV-5. Parque forestal de Liáns, redactado polo arquitecto municipal, que comprende as dúas parcelas catastrais: 15059A029005080000TM e a 15059A029005110000TM, polígono catastral 29, parcelas 508 e 511 de 870 m2 cada unha, en Pazos de Arriba-A Choupana-Oleiros.

De conformidade cos artigos 143 e 144 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 27 de agosto de 2014

Ángel García Seoane
Alcalde presidente