Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 23 de setembro de 2014 Páx. 41935

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5525/2012).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 5525/2012 desta Sección, seguido por instancia de José María Núñez Lorenzo, Rita Vázquez Vázquez, Socorro Blanco Nogueiras contra Frigoríficos Berbés, S.A., Berbescon, S.L., Santiago Copa Cabaleiro, María Adelina Moreira Rodrigues, Antonio García Vázquez, Carlos Avelino Rodríguez Lijo, José Quintáns González, José Alfonso Taboada Berredo, Áurea Freire Argibay, Esperanza Rodríguez Carrera, Argentina Martínez Martínez, Julián Valle Fernández, Antonio Nogueiras Rodríguez, Francisca Campo Campo, Consuelo Paz Espantoso Pérez, José Cesáreo Castro Silva, Manuel Amoedo Martínez, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que, desestimando o recurso interposto por José María Núñez Lorenzo, Rita Vázquez Vázquez e Socorro Blanco Nogueiras, debemos confirmar e confirmamos a sentenza que, con data do 8 de xuño de 2012, foi ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, por instancia da demanda formulada por estes e outros contra Frigoríficos Berbés, S.A. e Berbescon, S.L.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Frigoríficos Berbés, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de setembro de 2014

A secretaria xudicial