Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41871

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (As-42/2014).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-42/2014.

2. Obxecto do contrato: servizo de mediación, inserción e asesoramento da difusión da publicidade institucional en medios para campañas e accións de comunicación e publicidade do Concello da Coruña. Duración: dous anos prorrogables por dous máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 500.000,00 € anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (Perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría C.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 6 de outubro de 2014. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no Perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de agosto de 2014

P.D.
Roberto Luís Coira Andrade
Concelleiro delegado de Economía e Facenda