Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de setembro de 2014, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-50/2014 por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente sancionador OU-S-50/2014 xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.

Dispón dun prazo de quince días para presentar, ante a instrutora do procedemento, alegacións, documentos e informacións que xulgue convenientes, así como propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse.

Expediente: OU-S-50/2014.

Titular sancionada: Daniela & Martina, S.L.

Establecemento: De Pinchos y Copas.

Domicilio: avenida de Celanova, 56, A Valenzá.

Localidade: Barbadás.

Incoación: 10 de xullo de 2014.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Ourense, 10 de setembro de 2014

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense