Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 12 de setembro de 2014, da Delegación de Pontevedra, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Mosquera Expósito, Esther e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por este anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Delegación de Pontevedra da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra; rúa Fernández Ladreda, 43, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 12 de setembro de 2014

Mª José de Castro Pena
Delegada de Pontevedra

ANEXO

Interesado

Órgano

tramitador

Procedemento

NIF

Nome e apelidos

76605314L

Mosquera Expósito, Esther

Unidade
de Inspección Tributaria

Comunicación de inicio de actuacións inspectoras

Imposto de sucesións e doazóns

Exercicio 2010

Expte.: INS/2014/32/000/15

34871516C

Balado González, Benito Antonio

Departamento de Recadación Tributaria

Devolución de ingresos indebidos

Medios de transporte usado

Expte.: V/2013/36/000/00374

Liq.: 620725204166

Procedemento:

ITP e AXD. Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

TPC. Taxación pericial contraditoria.