Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41872

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da subministración, mediante alugamento con mantemento (renting), de tres vehículos para a Policía Local.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: subministración, mediante alugamento con mantemento (renting), de tres vehículos para a Policía Local de Vilagarcía de Arousa.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: 48 meses.

Código CPV: 34114200-1 (automóbiles de Policía).

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Sen IVE: 107.107,44 €.

IVE (21%): 22.492,56 €.

Total (IVE incluído): 129.600,00 €.

Valor estimado do contrato:

107.107,44 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa. Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00, fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados desde a publicación do último anuncio de licitación no BOP ou DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si. As indicadas no anexo IX do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura do sobre C. Entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que lles será comunicada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 21 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 2 de setembro de 2014

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde