Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41772

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

DECRETO 112/2014, do 4 de setembro, polo que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo. No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais, todos eles nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

Entre as causas de cesamento, o dito artigo 10 do Regulamento do ente público, no seu número 8 establece, entre outras, a perda da condición que habilitou o vogal para ser proposto, ou a proposta de cesamento emanada do presidente, por iniciativa propia ou das institucións, corporacións ou organismos que propuxeron o nomeamento.

Por conseguinte, recibida da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas proposta de cesamento, por pasar a outro destino, do actual representante desa consellería no Consello de Administración do ente público, xunto coa proposta de novo vogal, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de setembro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo único

O cesamento de Ethel María Vázquez Mourelle como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, catro de setembro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar