Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41773

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

DECRETO 113/2014, do 4 de setembro, polo que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo. No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais, todos eles nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

O Decreto 227/1995, do 20 de xullo, no artigo 10 sinala, entre os vogais representantes da Administración autonómica, catro (4) en representación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, actual Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e no artigo 10.3 indica que estes serán nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta dos respectivos conselleiros.

Por conseguinte, recibida da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas proposta de cesamento, por pasar a outro destino, do actual representante desa consellería no Consello de Administración do ente público, xunto coa proposta de novo vogal, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de setembro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo único

O nomeamento de Francisco Menéndez Iglesias como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Santiago de Compostela, catro de setembro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar