Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 19 de setembro de 2014 Páx. 41734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se lle conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2014/18-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Aceites Abril, S.L.

Domicilio social: rúa 6, nº 18, 32901 San Cibrao das Viñas.

Denominación: LMT 180 m.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 180 m de lonxitude con condutor RHZ1 12/20 kV de 150 mm2 Al e orixe na LMT do expediente 2004/48 e final no CT proxectado Aceites Abril.

CT Aceites Abril, 2 de 1.250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 148.658,92 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resolve:

Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 10 de setembro de 2014

Alfonso Tomas Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense