Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 18 de setembro de 2014 Páx. 41559

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1105/2013 L).

Decreto: 423/2014.

Procedemento ordinario 1105/2013 L.

Sobre: ordinario.

Demandante: Javier Varela Canedo.

Avogado: José Ángel Míguez Campos.

Demandado: Aper Seguridad, S.L.

Secretaria: María Jesús Hernando Arenas.

A Coruña, un de setembro de dous mil catorce.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 14 de outubro de 2013 tivo entrada neste órgano xudicial demanda presentada por Javier Varela Canedo fronte a Aper Seguridad, S.L., que foi rexistrada baixo o número de procedemento ordinario 1105/2013.

Segundo. Que a parte Javier Varela Canedo manifestou estar satisfeita a pretensión reclamada nas presentes actuacións, quen asumiu a conformidade no arquivamento do procedemento.

Fundamentos de dereito.

Único. De conformidade co artigo 22 da LAC, cando, por circunstancias sobrevidas á demanda, deixe de haber interese lexítimo en obter a tutela xudicial pretendida, porque se satisfixesen, fóra do proceso, as pretensións do demandante ou por calquera outra causa, porase de manifesto esta circunstancia e, se houber acordo das partes, decretará o secretario xudicial a terminación do proceso.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva.

Acordo o arquivamento deste procedemento logo de baixa no libro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial