Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 18 de setembro de 2014 Páx. 41561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a subministración e instalación de equipamentos para a execución das actuacións para a realización do cambio de frecuencias nos centros cobertura da difusión dos múltiplex dixitais en zonas rurais dos concellos de Galicia (10 lotes). (Expediente 5-2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios da Presidencia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Teléfono/s: 981 54 43 81/981 54 58 74.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación de equipamentos para a execución das actuacións para a realización do cambio de frecuencias nos centros cobertura da difusión dos múltiplex dixitais en zonas rurais dos concellos de Galicia.

b) División por lotes e número: si; dez lotes.

c) Prazo de execución: ata o 31 de marzo de 2015.

3. Tramitación e procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 387.610,15 €, máis 81.398,13 € en concepto de IVE, o que supón un total de 469.008,28 €, que se distribúe nos seguintes lotes e anualidades:

Lotes

Orzamento
neto 2014

IVE

2014

Total

2014

Orzamento neto 2015

IVE

2015

Total

2015

1

29.564,46 €

6.208,54 €

35.773,00 €

8.715,00 €

1.830,15 €

10.545,15 €

2

13.461,84 €

2.826,99 €

16.288,83 €

22.470,00 €

4.718,70 €

27.188,70 €

3

27.726,95 €

5.822,66 €

33.549,61 €

20.632,50 €

4.332,83 €

24.965,33 €

4

18.218,72 €

3.825,93 €

22.044,65 €

18.480,00 €

3.880,80 €

22.360,80 €

5

19.793,72 €

4.156,68 €

23.950,40 €

15.198,76 €

3.191,74 €

18.390,50 €

6

27.900,20 €

5.859,04 €

33.759,24 €

8.478,76 €

1.780,54 €

10.259,30 €

7

17.735,59 €

3.724,47 €

21.460,06 €

10.080,00 €

2.116,80 €

12.196,80 €

8

31.711,09 €

6.659,33 €

38.370,42 €

19.608,76 €

4.117,84 €

23.726,60 €

9

30.441,21 €

6.392,65 €

36.833,86 €

7.035,00 €

1.477,35 €

8.512,35 €

10

31.380,10 €

6.589,82 €

37.969,92 €

8.977,49 €

1.885,27 €

10.862,76 €

5. Garantías: provisional (non)/definitiva si (o 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE).

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG (ás 14.00 horas).

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares e follas de especificacións técnicas.

c) Lugar de presentación:

• Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

• Por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento Xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro (fax 981 54 12 89).

7. Obtención da documentación e da información.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no enderezo da internet
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21170, así como nas dependencias da Secretaría Xeral de Medios no Edificio Administrativo San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Apertura de proposicións.

Anunciarase no perfil do contratante a convocatoria das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación.

Os sinalados no punto 10 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. O importe do anuncio relativo a esta contratación.

Será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade ao asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2014

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios