Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41506

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de rectificación do anuncio de contratación, por procedemento aberto, das obras do proxecto de mellora e reposición de espazos públicos no ámbito da praza da Princesa e da praza de Argüelles.

No Diario Oficial de Galicia número 173, do 11 de setembro de 2014 publicouse o anuncio do procedemento aberto para a contratación das obras do proxecto de mellora e reposición de espazos públicos no ámbito da praza da Princesa e praza de Argüelles, expediente 7279-307.

No número 3.a) do dito anuncio publicado di: «Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria».

O contido dese número debe dicir: «Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente».

No número 7. di: «Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 26 días seguintes ao da publicación do presente anuncio no BOP e no DOG».

O contido dese número debe dicir: «Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 13 días seguintes ao da publicación do presente anuncio no DOG».

Vigo, 11 de setembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro de Contratación