Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41507

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO do 18 de xullo de 2014 polo que se fai público un convenio de colaboración asinado no primeiro cuadrimestre deste ano.

A través da comunicación da Vicepresidencia Executiva da Fundación Deporte Galego faise público, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, un convenio de colaboración asinado no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

Asinante coa Fundación
Deporte Galego

Obxecto do convenio

Data de sinatura

Importe comprometido

Universidade de Vigo

Cooperación educativa para realizar prácticas académicas externas

21.1.2014

0,00 €

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2014

José Ramón Lete Lasa
Vicepresidente executivo da Fundación Deporte Galego