Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41508

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Academia de Enfermaría de Galicia

ANUNCIO do 10 de xullo de 2014 polo que se fai pública a Resolución do 25 de xuño de 2014 pola que se nomean nove académicos de número e catro académicos correspondentes da dita entidade.

Publicado no Diario Oficial de Galicia nº 199, do 17 de outubro de 2013, o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de outubro de 2013, polo que se crea a Academia de Enfermaría de Galicia, a Comisión Xestora Fundacional, en cumprimento dos mandatos da disposición transitoria segunda dos seus estatutos, anunciou para a súa cobertura (Resolución do 27 de novembro de 2013, DOG do 2 de febreiro de 2014) dez prazas de académicos de número e cinco prazas de académicos correspondentes.

Unha vez desenvolvido estatutariamente o pertinente proceso de admisión das solicitudes presentadas en atención os requisitos da convocatoria, a Comisión Xestora, autoconvocada estatutariamente en funcións de Xunta de Goberno e de Xunta Plenaria, en sesión do día 25 de xuño de 2014, tras a conseguinte valoración e elección, no exercicio das súas competencias establecidas no artigo 13.2.a), adoptou por unanimidade o seguinte acordo:

a) Nomear académicos de número as seguintes persoas:

María Victoria Becerra Sueiro.

Mercedes Carreras Viñas.

María del Pilar Darriba Rodríguez.

Ángel Alfredo Martínez Ques.

María Jesús Regueiro Burgo.

Manuel Romero Martín.

José María Rumbo Prieto.

Beatriz Rosa Sánchez López.

Pilar Sánchez Sebio.

b) Nomear académicos correspondentes as seguintes persoas:

Miguel Fernández Méndez.

María Milagros Fernández Varela.

Antonia Dolores Gómez Vidal.

Jorge Pombo Ríos.

Así consta no libro de actas da academia e publícase para coñecemento xeral.

A Coruña, 10 de xullo de 2014

Sergio Quintairos Domínguez Amador Villaverde Castiñeiras
Presidente da Academia de Secretario da Academia de
Enfermaría de Galicia Enfermaría de Galicia