Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41505

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de contratación do servizo de asistencia técnica en materia de arquitectura e urbanismo.

Obxecto: contrato con procedemento aberto do servizo de asistencia técnica en materia de arquitectura e urbanismo ao Concello das Pontes de García Rodríguez.

Prezo do contrato: o orzamento de licitación é de 39.986,87 € anuais, IVE incluído. O orzamento de licitación durante os catro anos é de 159.947,48 €.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración de dous anos prorrogables, de forma expresa, outros dous.

Presentación de ofertas: o prazo será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Documentación: os pregos estarán dispoñibles no perfil do contratante do órgano de contratación no enderezo www.aspontes.com

As Pontes de García Rodríguez, 2 de setembro de 2014

Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado de Facenda, Urbanismo e Coordinación do Goberno