Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de setembro de 2014 pola que se notifica a apertura do período voluntario para o pagamento da sanción coa remisión de impreso de pagamento de multas e sancións no expediente sancionador e de reposición da legalidade S-2011/046-P, devolto polo servizo de Correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 10 de xullo de 2014, notificou a apertura de período voluntario para o pagamento da sanción coa remisión de impreso de pagamento de multas e sancións a Servando Miguens Castro, na súa condición de promotor e propietario das obras consistentes en dúas edificacións auxiliares, dous soportais realizados na vivenda existente, muro de peche, pavimentos exteriores e grella, situados na rúa Viña Tinta, termo municipal da Illa de Arousa (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal desta notificación, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), comunícaselle ao interesado a devandita notificación:

«O día 15.10.2012, o subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora, impón a Servando Miguens Castro, como responsable dunha infracción grave en materia de costas, unha multa por un importe de 12.897,05 €, na súa condición de promotor e propietario das obras consistentes en dúas edificacións auxiliares, dous soportais realizados na vivenda existente, muro de peche, pavimentos exteriores e grella, situadas na rúa Viña Tinta, nº 59, na parcela 5088, do polígono 34, referencia catastral 36062A034050880000MP, termo municipal da Illa de Arousa (Pontevedra).

Contra a dita resolución, o interesado interpuxo recurso de reposición que foi desestimado mediante Resolución do 6.5.2013 da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, confirmando a resolución impugnada.

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditaminou, mediante sentenza firme número 114/2014 do 6.2.2014, desestimar o recurso de apelación interposto polo interesado contra o auto ditado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra do 1.10.2013 no P.O. 231/2013 (peza separada de medidas cautelares), no que se denegaba a suspensión en relación coa sanción pecuniaria imposta.

Achégase o impreso de aboamento de multas e sancións para o pagamento en período voluntario da sanción de 12.897,05 €, desde que reciba a presente notificación, nos seguintes prazos: as resolucións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; se a notificación se realiza entre os días 16 e o último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Advírteselle que, de non facerse efectivo o importe da sanción no prazo sinalado, se procederá pola vía de constrinximento».

Para que conste e lle sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística