Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de setembro de 2014 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente IU2/134/2010, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a José Luís Trassierra Fernández e Isabel del Río Maneiro, no expediente núm. IU2/134/2010, en relación co recurso extraordinario de revisión e petición de revogación, interpostos contra a Resolución do 23 de xullo de 2012, do subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar realizadas por José Luis Trassierra Fernández no lugar do Nabalexo, parroquia de Salcedo, en Pontevedra.

O expediente mencionado encóntrase á disposición dos interesados nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar as alegacións que consideren procedentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística