Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de setembro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de reposición da legalidade LUL/8/2014-RP1, e acumulación ao expediente LUL/17/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar a destinataria falecida.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou o día 7 de maio de 2014 incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade a Dionisia Díaz Ponte (LUL/8/2014-RP1), por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Pasada de Foz, termo municipal de Cervo (Lugo). O 28 de xullo de 2014, a instrutora do expediente acorda a acumulación ao expediente LUL/17/2014-RP1 por gardaren entre eles identidade substancial e íntima conexión por estar referidos aos mesmos feitos constitutivos de infracción administrativa.

Ao resultar a destinataria falecida e non poderse realizar a notificación persoal do acordo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística