Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 16 de setembro de 2014 Páx. 41345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 3 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se notifica á persoa interesada a resolución dun expediente tramitado ao abeiro da Resolución do 12 de febreiro de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á interesada que se sinala no anexo a resolución do expediente de axuda extraordinaria a emigrantes galegos retornados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O correspondente expediente consta no Servizo de Planificación e Xestión de Programas da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños, nº 2.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR905A 2014/29-0.

Interesada: Ana Paula Lorenzo de Moura.

Acto notificado: Resolución do 26 de agosto de 2014 pola que se lle denega a solicitude presentada ao abeiro da Resolución do 12 do febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.