Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 16 de setembro de 2014 Páx. 41347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental e á autorización ambiental outorgada á Cooperativa Veiga de Antela, S.C.G.

De conformidade co artigo 23, número 3, da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron, modificaron ou revisaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á declaración de impacto ambiental e á autorización ambiental integrada outorgada para a ampliación dunha explotación porcina de ceba, destinada a albergar a 720 porcas nai en ciclo pechado, no lugar de San Cibrao (Santa Mariña de Veascós), no concello de Carballedo (Lugo). Titular: Cooperativa Veiga de Antela, S.C.G. (nº de rexistro AAI: 2013-IPPC-57_266), que se relaciona no anexo e que pode consultarse na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

Ou ben nas dependencias da citada Secretaría Xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Resolución de 30 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada para a ampliación dunha explotación porcina de ceba, destinada a albergar a 720 porcas nai en ciclo pechado, no lugar de San Cibrao (Santa Mariña de Veascós), no concello de Carballedo (Lugo). Titular: Cooperativa Veiga de Antela, S.C.G. (nº de rexistro AAI: 2013-IPPC-57_266).

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental