Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41212

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no segundo cuadrimestre do ano 2014 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no segundo cuadrimestre do ano 2014

Convenio

Importe total do convenio (€)

Data de sinatura

Addenda núm. 3 ao convenio de colaboración asinado o 10 de febreiro de 2009 entre a antiga Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo, para a realización de obras de infraestrutura viaria no termo municipal de Lugo, ponte Paradai-serra de Meira. Fase 1ª

3.557.670

9.6.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas extracurriculares do estudantado da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos

0

1.7.2014