Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41211

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2014 pola que se publican os convenios de colaboración no segundo cuadrimestre de 2014.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no segundo cuadrimestre de 2014 e que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

Antonio Crespo Iglesias
Director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega de Agader

Agader e Inega

Colaborar na xestión de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

9.5.2014

Sen achega económica