Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 12 de setembro de 2014 Páx. 38659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2014/146-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: reforzo LMTSVLG804 Sanxenxo, entre o CT Arnelas e CR R. Vigo.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ estruturada en tres tramos:

– 115 metros; orixe: CT Arnelas; final: LMTS ao CT Fonte do Ouro.

– 318 metros; orixe: CT Telefónica Sanxenxo; final: na LMTS ao CT Vidal Sol, unha vez alimente os CT avda. Rocafort, Castelao 8 e Castelao 21.

– 204 metros; orixe: na LMTS ao CT Vidal Sol; final: no CD R. Vigo, unha vez alimente os CT Ramón Cabanillas, rúa Coruña e Vicaño.

A instalación está situada na zona da avenida Luis Rocafort.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de agosto de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra