Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 12 de setembro de 2014 Páx. 38661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2014/149-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CT rúa Tomás A. Alonso, nº 12.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con conductor tipo RHZ de 12 metros de lonxitude, con orixe e final nos empalmes que se realizarán na LMTS BAL 725, entre o CT Tomás Alonso 16 (36CDH6) e o CR Peniche (36C809) unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 15 kV/400-230 V, situado na rúa Tomás A. Alonso nº 12, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 19 de agosto de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra