Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2014/41-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: Virgen de la Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT, CT O Soutiño.

Situación: Mondariz.

Descricións técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 124 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 4ESO1647 da LMTA subderivación a Frades, e final no apoio proxectado C24/3000, do cal continúa subterránea 216 metros, con condutor Hersatene RHZ1, ata o CT proxectado e facendo o percorrido inverso de saída do CT ata o apoio de orixe. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado no Soutiño, Gargamala, Mondariz.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e aprobar o proxecto de execución para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de doce (12) meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 30 de xullo de 2014

P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial