Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Trans Vazygon, S.L.
Domicilio social: A Bouza-Macendo, 32232 Castrelo de Miño.
Denominación: LMT e CT para subministración a serradoiro de madeira.
Situación: Castrelo de Miño.
Características técnicas: LMT subterránea de 430 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 12/20 kV 3×95 mm2, con orixe no van destensado desde a rede de Unión Fenosa Distribución (no apoio situado nas inmediacións do CT 32C386) e remate no CT proxectado en caseta de 630 kVA e R/T 20.000/400-230 V situado na Bouza (Castrelo de Miño).
Orzamento: 36.358,50 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 16 de xullo de 2014
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense