1. Poder adxudicador.
a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.
c) Numero de expediente: FA03/2014.
d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20307
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servizo.
b) Descrición do obxecto: o servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria O programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007-2013.
c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 75, do 21 de abril de 2014.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación.
a) Prezo: cento oitenta e cinco mil novecentos cincuenta euros con corenta e un céntimos (185.950,41 €), IVE excluído.
b) IVE: trinta e nove mil corenta e nove euros con cincuenta e nove céntimos (39.049,59 €).
5. Formalización.
a) Data de adxudicación: 15 de xullo de 2014.
b) Data de formalización: 17 de xullo de 2014.
c) Entidade adxudicataria: Canle de Comunicación, S.L. con NIF B15706419.
d) Importe de adxudicación: 185.950,41 euros (IVE excluído).
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2014
P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio