Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria O programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (o importe do obxecto de contratación está cofinanciado polo programa operativo Feder de Galicia 2007-2013 nun 80 %, no eixe 7 asistencia técnica do programa operativo Feder, tema prioritario 86).

missing image file

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA04/2014.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20308

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria O programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 75, do 21 de abril de 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: cento oitenta e cinco mil novecentos cincuenta euros con corenta e un céntimos (185.950,41 €), IVE excluído.

b) IVE: trinta e nove mil corenta e nove euros con cincuenta e nove céntimos (39.049,59 €).

5. Formalización.

a) Data de adxudicación: 15 de xullo de 2014.

b) Data de formalización: 17 de xullo de 2014.

c) Entidade adxudicataria: Canle de Comunicación, S.L. con NIF B15706419.

d) Importe de adxudicación: 185.950,41 euros (IVE excluido).

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2014

P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio