Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos consistente na realización do control de calidade das verificacións administrativas e das verificacións sobre o terreo previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) 1828 relativas a operacións aprobadas para cofinanciar co programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007-2013 (o importe do obxecto de contratación está cofinanciado polo programa operativo FSE de Galicia 2007-2013 nun 80 %, no eixe 5 asistencia técnica do programa operativo FSE, tema prioritario 86).

missing image file

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA10/2014.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20445

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo consistente na realización do control de calidade das verificacións administrativas e das verificacións sobre o terreo previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) 1828 relativas a operacións aprobadas para cofinanciar co programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007-2013. (O importe do obxecto de contratación está cofinanciado polo programa operativo FSE de Galicia 2007-2013, nun 80 % no eixe 5 asistencia técnica do programa operativo FSE, tema prioritario 86).

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 86, do 7 de maio de 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación

a) Prezo: douscentos un mil cincocentos cincuenta e cinco euros con cincuenta céntimos (201.555,50 €), IVE excluído.

b) IVE: corenta e dous mil trescentos vinte e seis euros con sesenta e cinco céntimos (42.326,65 €).

5. Formalización.

a) Data de adxudicación: 30 de xullo de 2014.

b) Data de formalización: 30 de xullo de 2014.

c) Entidade adxudicataria: López R. Auditores, S.L. con NIF B32172546.

d) Importe de adxudicación: 122.948,85 euros (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2014

P.D. (Orde 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio