Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 10 de setembro de 2014 Páx. 38260

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (132/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial en substitución regulamentaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 132/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Trabazo González contra as empresas Omnia Somnia, S.L., Desarrollos Farmacéuticos Bajo Aragón, S.L. e o empresario Gabriel García Gavín, sobre despedimento, se ditou Decreto 557/2014, do 17 de xullo, declarado firme no día de hoxe, polo cal se declarou a insolvencia provisional parcial do executado Gabriel García Gavín (DNI 13767804-G), pola suma de 18.745,36 euros (9.879,63 euros de indemnización+8.865,73 euros salarios e gastos de traballo) en concepto de principal, máis outros 1.885,86 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da LRXS.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2014

A secretaria xudicial