Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 10 de setembro de 2014 Páx. 38258

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (1461/2013).

Inmaculada Pulido Domínguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira (VSM), A Coruña, dou fe e certifico que nos autos de xuízo de faltas, seguidos ante este xulgado co número 1461/13, recaeu sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor seguinte:

Sentenza.

En Ribeira o 29 de maio de 2014.

Vistos por María Cristina Fernández Fernández, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 dos desta localidade, en xuízo oral e público, os autos rexistrados como xuízo de faltas nº 1461/2013, no que aparece na condición de denunciante Ana Gloria Cabrera González, quen non comparece, e como denunciado Siyaka Ndiaye, quen non comparece, por presunta falta de vexacións inxustas de carácter leve, asistindo o Ministerio Fiscal, á vista da relación de ex-parella que existe entre as partes procédese, en nome da súa maxestade o rei, a ditar a presente en virtude dos seguintes:

Resolución:

Debo absolver e absolvo a Siyaka Ndiaye dos feitos polos que se segue o presente procedemento.

Decláranse as custas de oficio.

Notifíquese esta resolución ás partes.

A presente resolución non é firme e contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación en ambos os efectos no prazo de cinco días a partir da notificación dela neste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, da que se levará certificación nas actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O preinserido concorda co seu orixinal ao que, pola súa maior extensión, me remito.

E para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á denunciante Ana Gloria Cabrera González, expido e asino a presente.

Ribeira, 21 de agosto de 2014

A secretaria xudicial